La multitarea colapsa el cerebro
Bueno pois outro tópico desmontado mediante un estudo, eu teño que recoñecer que un xa ten a súa idade e anda aburrido de escoitar frases destas coma: Os....; As.....; Todos os...; todas as.... A facilidade socioloxica dos tópicos e xeneralizacións burdas é que son moi cómodos mentalmente. Aforrannos pensar, é coma poñer un post-it virtual por enriba del ou dela, e así, unha vez categorizado e "metido no saco" irá pola vida definido polos demáis. Pero claro, o final todos caemos de maneira máis sutil ou menos no xogo, porque claro non queremos que os usen contra nós, máis en moitos casos nós os usamos contra outros colectivos de persoas...e se xa ocorre cando dúas personas viven xuntas, que pasara con países enteiros.
E unha cadea moi común:
observación puntual (esta fase pode saltarse e sustituirse por periodicos varios, revistas, series de televisión e outros modelos a seguir ;) )
prexuizo (asumir o razonamento como propio e xulgar sen ter os datos, facer un xuizo de valor antes de ter obxetividade algunha)
estereotipo (realmente é a mesma fase que a anterior, mesturanse e en casos é a primeira de todas)
xeneralización (ista é a máis sinxela é divertida, a do post it, identificar colectivos con rasgos persoais individuais, observados ou non, reais ou inventados).
Unha cadea sutil, e que as veces queren facernos ver que inofensiva.. nada ho as mulleres son así, e fan andando e eu que sei... e os homes son tal e cual.... e logo claro empezamos por ahí, e rematamos porque os chinos veñen incorporados con cámara, os ingleses sempre chegan á hora, e os alemáns son os mellores apretando tuercas e tornillos, os géminis teñen dúas caras, os ateos somos o demo, e se nos poñemos a acelerar estrelamonos con cousas coma.. que os estranxeiros veñen quitarnos o traballo e roubar.... Un razonamento moi impreso no cerebro en parte polos medios televisivos e escritos, é que a todos nos convén revisar...
Bueno, en fin, que nistas andaba a cavilar eu onte e hoxe a mediados de setembro, cando vin os resultados do estudio en cuestión, e coma ademáis tiña abandonados os leitores e por enriba prometinlle a "raiña dos tópicos" adicarlle un artigo, pois ala a matar tres páxaros dun tiro.
Namentres cando volte a escoitar frases coma: pero se os topicos existen..... pero mira que os tios......... tipico topico de que non facedes moitas cousas á vez...que magnificas somos as mulleres facendo moitas cousas á vez; remitireina os resultados do estudo en cuestión.
Si o final miña ávoa si que sabía de neuroloxía cando dicía aquelo de: moitos oficios ten Pedrón, e ningún bon..
:)
BO NADAL
Hace 18 horas



